Editorial
Caras lectoras e caros lectores, Chegamos ao duodécimo volume da Linguamática, sumando xa vinte e catro exemplares da revista nos seus doce anos de vida. Nesta longa xeira, tentamos sempre fornecer unha publicación académica de calidade con artigos científicos orixinais que presentasen, en cada mome...
Saved in:
Published in: | Linguamática (Braga, Portugal) Vol. 12; no. 1; pp. iii - ix |
---|---|
Main Authors: | , , |
Format: | Journal Article |
Language: | English |
Published: |
29-06-2020
|
Online Access: | Get full text |
Tags: |
Add Tag
No Tags, Be the first to tag this record!
|
Summary: | Caras lectoras e caros lectores,
Chegamos ao duodécimo volume da Linguamática, sumando xa vinte e catro exemplares da revista nos seus doce anos de vida. Nesta longa xeira, tentamos sempre fornecer unha publicación académica de calidade con artigos científicos orixinais que presentasen, en cada momento, o estado da cuestión da investigación no eido do procesamento da linguaxe natural no dominio lingüístico específico das nosas linguas peninsulares: portugués, galego, catalán, castelán, éuscaro, asturiano, mirandés ou aranés. Alén diso, promovemos que os artigos estivesen sempre escritos preferentemente nunha desas nosas linguas, coa aspiración de crear conciencia de comunidade científica e favorecer sinerxías entre os diversos grupos de investigación dentro deste ámbito.
Aínda que non todos os nosos obxectivos foron atinxidos aínda na súa totalidade, o certo é que a Linguamática foi aumentando a súa valoración nos distintos índices mundiais creados para a avaliación da calidade das revistas científicas, o que consideramos un recoñecemento para todos e todas as que colaboramos en levar adiante este proxecto. Neste senso, logo de Scimago/Scopus actualizaren os indicadores SJR das revistas para 2019 e o seu Journal & Country Rank, na nova clasificación a Linguamática ascendeu á clase Q1, isto é, ao primeiro "cuartil" de Scopus no que se catalogan as mellores revistas en cada categoría.
Neste número que xa fai vinte e catro, incluímos oito artigos de investigación elaborados por equipos de investigación en PLN das linguas da Península Ibérica procedentes de Chile, Francia, Brasil, Noruega, España, Galiza, Portugal e o País Vasco. Esperamos que a súa lectura resulte de interese e sexa ben proveitosa.
Finalmente, queremos agradecer de corazón, coma sempre, o labor inmenso desenvolvido por autoras, autores, revisoras e revisores na realización deste número. Sen vós, a Linguamática simplemente non existiría. Obrigados! |
---|---|
ISSN: | 1647-0818 1647-0818 |
DOI: | 10.21814/lm.12.1.333 |